Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Selección da Costa-QPC botoulle un gol ao Rett en Ponteceso

Foto de Familia do Partido Solidario para Rett no Pinguel da Seleccion da Costa-Foto-LuisGonzalez
Foto de Familia do Partido Solidario para Rett no Pinguel da Selección da Costa-QPC e a SD Compostela-Foto-Luis González
A Selección da Costa-QPC botoulle un gol ao Rett en Ponteceso

Marabillosa e emotiva xornada a vivida esta tarde de xoves 28 de decembro no campo do Pinguel, en ponteceso. A familia de Quepasanacosta artellaba con rotundo éxito un Partido Solidario da Selección da Costa - QPC contra a SD Compostela, en favor da Asociación Princesa RETT. Arredor de medio millar de persoas encheron o campo pontecesán para ver un fantástico partido de fútbol, pero sobre todo, para recadar fondos para mellorar a calidade de vida de Daniela Novo Garrido.

A pequena pontecesá e a súa familia loitadora son toda unha demostración de esforzo, valentía e dedicación. Co seu posto de merchandising, e as case 1.000 rifas vendidas, levan máis de 2.000 euros para as arcas da Asociación, coa intención de mellorar a calidade de vida de Daniela e doutras moitas nenas que sofren esta enfermidade rara.

Partido Solidario Seleccion QPC-Rett-Noelia Garrido no posto de Princesa Rett
Noelia Garrido no posto de Princesa Rett

Foi unha nova demostración do que sempre dicimos: que o Fútbol da Costa é moito máis que un deporte, é un axente social, que vertebra a Costa da Morte e que pode axudar a mellorar socialmente á nosa xente. Así o entende a familia de deportes de Quepasanacosta, comandada por Alberto Pose e Óscar Leis, que agradece a colaboración de todos os clubs da Costa, así como do equipo técnico e cada un dos xogadores que veñen de todas as partes da comarca, e que vemos como disfrutan destas xornadas.

Un evento animado por Antón Lestón, que se complementa coa cita que temos este sábado 30 de decembro, ás 16:00h da tarde, no campo de Agra da Filgueira, en Louro, co choque solidario entre a Selección Feminina da Costa-QPC e o Sporting Cambre, e que servirá para recadar fondos para a Asociación Galega de Ataxias.

Partido Solidario Seleccion QPC-Rett-Grada Pinguel
Ambientazo no Pinguel

Agradecementos

Para armar esta clase de eventos hai que contar con moita xente, e por iso non queremos que se quede ninguén sen nomear. Agradecemos:

  • Ao Concello de Ponteceso, nomeadamente a Raquel Fondo, e o alcalde José Manuel Mato.
  • Á SD Ponteceso, nomeadamente a Miguel Cousillas, e a todo o equipo de traballo con Jorge, Barrié, Eva e resto de familias. Non podemos esquecer valorar o que fan as directivas dos nosos clubs.
  • Á Real Federación Galega de Fútbol (gracias Silvia Cancela, gracias Corredoira) que nos permite celebrar estes choques amistosos cubrindo os seguros dos futbolistas. Tamén á subdelegación de árbitros da Costa, agora dirixida por Manuel Espasandín, que sempre colabora con estas acccións.
  • Á SD Compostela, e ao xalleiro Víctor Pazos, que fixo dende o primeiro momento todo o posible por participar nesta cita.

 

A Crónica: Selección da Costa-QPC - SD Compostela (0-2)

Partido Solidario Seleccion QPC-Rett-Seleccion da Costa 11

  • Selección da Costa: Anxo, Michael, Breixo, Canario, Álex Taibo, Bieito, Iván Facal, Parafita, Diego Estévez, Javi e Iván Rojo. Tamén xogaron: Pablo Pose, Maikel, Luca, Code, Alberto Recarey, Manu Nogueira, Mario, Iago Lema, Pablo Garrido e Lucho.
SD Compostela cos costeiros
SD Compostela cos costeiros ex xogadores Manu Casal, Borja Facal e Óscar Toja, que tamén foron homenaxeados na xornada
  • SD Compostela: Brais Rod., Josep Caballe, Roque, Balsa, Baña, Matos, Manu Barreiro, Monteagudo, Kike, Landeira, Casas. Tamén xogaron: Ale, David Soto, Juampa Barros, Javi Muíño, Euse, Jaime Santos, Adrián, Mario, Jorge Salamo, Goris.
  • Árbitros: Roberto Baña (Ponteceso), Alfonso Caamaño (Coristanco), Álex Tato (Carballo).
Partido Solidario Seleccion QPC-Rett-Capis e trio arbitral
O trío arbitral con Álvaro Casas (capi da SD Compostela) e Michael Vilela (capi da Selección)

Competiu moi ben o combinado de Dani Casal e David Castro (o eterno Manolo López de Dumbría fixo o delegado) ante todo un equipo de 2ªRFEF. 

Partido Solidario Seleccion QPC-Rett-David Castro-Manolo Lopez-Dani Casal
David Castro, Manolo Lopez e Dani Casal estiveron á fronte do combinado costeiro

De feito, o dominio en boa parte do partido foi costeiro, cunha defensa moi sólida, con Kanario, Breixo e o capitán Michael Vilela, que ademais de contundencia demotraron moito criterio na saída do balón. Bieito e Fita demostraron ter unha calidade de categoría superior e arriba, Iván Rojo e Estévez pelexaron canto puideron e mesmo tiveron boas ocasións para romper a igualada.
Por bando visitante, mandaron un balón ao pau, e se atoparon cun Anxo moi atento nas saídas, e tamén participando na saída de balón. A peor nova foi a lesión de José Balsa, o capi.

Bieito coa Seelccion da COsta-QPC-Foto-LuisGonzalez
Bieito coa Selección da Costa-QPC-Foto-Luis González

Seguía dominando territorialmente o cadro costeiro ao comezo da segunda, pero a SD se adiantaba cun rocambolesco tanto. Na outra área, Estévez avisaba e Maikel Mouzo pedía penalti nunha internada. O mellor do partido, con todo, erixiuxe un Manu Nogueira que bailou aos centrais santiagueses, e conseguíu levantar a unha fría bancada cunha gran ocasión tras un fermoso control, un bonito regate e un remate que tivo que salvar un defensa baixo paus tras ter superado ao porteiro.

Pero como o fútbol é así, na xogada seguinte, o Compos sentenciaba e deixaba o partido algo máis tibio, no que as internadas de Mario e un tiro de Iván Facal foron as mellores ocasións para os locais.

Detalles e Sorteos

Partido Solidario Seleccion QPC-Rett-Detalle Pena Galicia para Daniela
Detalle da Peña Galicia para Daniela

No descanso Daniela volveu ao centro do campo para recibir un detalle da familia da Peña Galicia e do Bergantiños de Veteranos, que xa lle realizaron a semana pasada un evento solidario en favor de Daniela, queren darlle un detalle á pequena. 

Ademais, Daniela fixo de man inocente para celebrar o sorteo das rifas. Gracias ao Tolo, o olleador fisterrán do fútbol profesional, puidemos consgeuir dúas camisetas espectaculares para sortear coas rifas. Costou atopar gañadora para a camiseta de Vicente Guaita, pero máis rápido, e moito máis contento foi para casa o gañador da camiseta, asinada, de Lucas Pérez.

Miguel Cousilla Daniela e Familia e Oscar Leis no Partido Rett.Foto.Luis Gonzalez
Miguel Cousilla, Daniela e Familia, e Oscar Leis, facendo os sorteos.Foto: Luis Gonzalez

Queda o fútbol da Costa emprazado para o Partido Solidario en favor da Asociación Galega de Ataxias entre a Selección da Costa-QPC feminina e o Sporting Cambre, que se celebra este sábado 30 ás 16:30 en Agra da Filgueira.

Máis novas sobre Daniela e o síndrome de Rett

Comentarios