Xoves. 03.10.2024
El tiempo

O documental sobre como Daniela bate co Síndrome de Rett gaña un novo premio estatal

recollida premmio IA Sindrome RETT
Os autores do documental coa familia e a clase de Daniela
O documental sobre como Daniela bate co Síndrome de Rett gaña un novo premio estatal

Non paran de gañar premios i é que o traballo realizado así o merece. Os profesores do IES Maximino Romero de Lema, Fina Paulos e Óscar Rey recolleron en Barcelona o premio do “II Certame Raras” Concurso Internacional de Curtametraxes sobre as enfermidades raras convocado por Chiesi e MPS Lisosomales e UVEME.

O minidocumental, realizado con Intelixencia Artificial, sobre como Daniela Novo e a súa familia rompen as barreiras do Síndrome de Rett é un auténtico éxito. Xa leva máis de 18.000 visitas e gañou a votación popular deste certame con 3759 votos.

“A nosa intención foi sempre mostrar como é a vida cotiá dunha persoa con síndrome de Rett, e intentamos facelo da forma máis respectuosa posible, utilizando un recurso impresionante como é a Intelixencia Artificial, queríamos demostrar que esta tecnoloxía pode ser un gran transmisor de valores”, explican os mestres de secundaria. “E o documental é unha poderosa ferramenta para concienciar sobre a síndrome de Rett, mostrando as vidas e as loitas dos afectados e as súas familias”.

O traballo, que mostra ao mundo a síndrome de Rett dende o nivel máis humano e persoal, a través da vida da pontecesá Daniela Novo Garrido, gañou en Barcelona un cheque de 500 €, que foi doado á Asociación Mi Princesa Rett tal e como así quixo a familia de Daniela, para a investigación e axuda desta enfermidade.

Fina e Óscar queren agradecer a todas as persoas que votaron a curtametraxe, e posibilitaron deste xeito acadar o galardón que permite visualizar como é o día a día dunha persoa que padece Síndrome de Rett e a loita das súas familias. “Así mesmo, queremos agradecer a colaboración prestada pola comunidade educativa do CRA Nosa Señora do Faro na elaboración do traballo, que quixemos recoñecer achegándonos a facela entrega do premio a Daniela e á súa nai, na escola de Tallo, xunto ós seus compañeiros e mestras”, explican.

E pon máis argumentos para loubar a acción. ”Este traballo deunos a oportunidade de poñer os nosos coñecementos docentes ao servizo dunha boa causa, como é a visualización da síndrome de Rett, a través do día a día de Daniela Novo Garrido. Levabamos tempo traballando os valores educativos na aula co noso alumnado, e esta foi unha boa oportunidade para que as técnicas, xa empregadas, transcendesen fóra do centro educativo. O caso de Daniela impactounos porque congregou moita solidariedade na zona, algo que se volveu demostrar co apoio dado ao noso traballo nas votacións do concurso, así como na realización do documental.”

Para os que aínda non a viron, aquí a deixamos:

Máis novas

Comentarios