A Garda Civil investiga aos posibles culpables da crise da auga de Corme

O Seprona en Corme

As graves causas da crise da auga de Corme parece que teñen posibles culpables. Ademais das evidentes deficiencias da rede de saneamento, a Garda Civil vén de informar que está investigando a cinco persoas, responsables dunha granxa de porcos da contorna, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública e outro delito contra os recursos naturais e o medio ambiente.

O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil da Coruña, despois dunha longa investigación, identificou dous focos diferentes de contaminación cuxa acción combinada orixinou o episodio de gastroenteritis que afectou a centenares de veciños da localidade durante o ecuador do mes de setembro, que provocaron ademais cortes de varias horas na rede de auga potable e unha importante alarma veciñal.

NOVAS DA CRISE DA AUGA EN CORME