Luns. 18.11.2019
El tiempo

As graves causas da crise da auga de Corme

Imaxe da xuntanza veciñal da semana pasadaen Corme-Foto-Edu Cambón
Imaxe da xuntanza veciñal da semana pasadaen Corme-Foto-Edu Cambón
As graves causas da crise da auga de Corme

Que a auga de traída estea conectada ao tanque de tormentas é unha irregularidade grave da rede de saneamento. Así o apunta o PP de Ponteceso, que lembra que levará ao alcalde ante a Fiscalía se efectivamente se demostra que xa coñecia as deficiencias na rede dende o pasado verán, ademais de acusalo de “xogar coa saúde da xente asegurando que a auga podíase beber cando as análises dicían o contrario”.
Un Partido Popular que aproveita, mesmo a nivel provincial, a crise da auga de Corme, para solicitar a creación dun sistema que chaman o “SOGAMA da auga”. “O PSOE non ten autoridade moral para falar da xestión do auga”, considerando unha “broma de mal gusto” que os socialistas teñan a “desfachatez” de reunir aos seus alcaldes, precisamente en Ponteceso, para tratar cuestións relacionadas co abastecemento”.

Informe

En todo caso, o Concello presentaba este venres un informe presentado este venres 11 polo Concello de Ponteceso, 18 días despois de coñecer a problemática. Un informe que recolle a calendarización da actuación municipal, pero que non explica por que as análises feitas pola concesionaria Espina y Delfín do día 25 non deron datos graves, como si demostraron os da Xunta.

Unha concesionaria, que como denunciara APIN, atópase nunha “situación económica de asfisia, ausencia total de contratos, e gastos executados sen procedemento e sen sustento orzamentario”, pero que aínda, a día de hoxe, e tras 4 anos de problemas. non ten resolto o contrato co Concello.

As causas

O Concello faise vaise valer do informe da propia concesionaria Espina y Delfín S.L. que conclúe a localización da orixe da contaminación da rede de abastecemento de auga, “no tanque de tormentas de Corme-Porto, reservorio da auga residual xerada polas vivendas e augas pluviais enviadas despois a súa depuración”. Segundo a empresa, “unha semana antes do brote tiveron lugar tres roturas na rede de subministro de auga en Corme, concretamente na tubería xeral que ten 51 anos e está construída en fibrocemento, e ao diminuir a presión polo corte do servizo durante a reparación, coa baixada de presión se propiciou a entrada de augas do tanque de tormentas na rede ocasionando a contaminación da súa auga”.

Pasos a dar

A concesionaria procedeu á limpeza química da rede en Corme para eliminar calquera rastro que puidera quedar de contaminación. Ademais, cando teñan as memorias das empresas Uriker e Applus, procederán a licitar os arranxos.

Ademais terán que afrontar a situación contractual e laboral da empresa concesionaria do sistema.

NOVAS DA CRISE DA AUGA EN CORME

Comentarios