Venres. 18.10.2019
El tiempo

Manteñen a recomendación de non consumir auga da traída en Corme ao detectaren axentes contaminantes

O Concello seguirá repartindo auga embotellada dende a lonxa nova de Corme

Non cesa a alarma sanitaria en Corme, que levou familias enteiras á cama con vómitos e diarreas. Se ben as análises o martes feitas pola empresa concesionaria Espina y Delfín non daban ningún positivo, os resultados das análises realizadas pola Xefatura Territorial de Sanidade aportados este venres si que confirmaron a presencia de contaminantes na auga da traída da vila cormelá.
En concreto, segundo os datos que vén de remitirnos o servizo autonómico, nas mostras de auga tomadas no centro de saúde de Corme había presenza de bacterias coliformes e clostridium perfringens.

De aí que a Consellería de Sanidade manteña a recomendación de non consumir auga da traída de Corme, nin para beber nin para manipular alimentos, ao detectar a presenza de axentes contaminantes nas análises realizadas.

O Concello de Ponteceso continuará co reparto de auga embotellada, establecendo como punto de almacenamento e distribución a lonxa nova de Corme.

volantina_auga_corme

Novas relacionadas

Comentarios