Sábado. 07.12.2019
El tiempo

Corme sae á rúa para buscar solucións

Concentración ante a crise da auga de Corme-Foto-Edu Cambon
Concentración ante a crise da auga de Corme-Foto-Edu Cambon
Corme sae á rúa para buscar solucións

Unha vez restablecido o consumo de auga de traída, non semella qu a crise da auga se vaia esquecer facilmente. Así o deixaron patente os veciños, que realizaban unha concentración espontánea, convocada a través das redes, para amosar o seu absoluto descontento.

Sen culpables, por unha solución

Foi Suso Lista o que leu un comunicado, que deixa patente que a veciñanza “non busca culpables, non queren nin dimisións nin pedras no tellado do veciño”. A veciñanza pide aos políticos unidade para atopar unha solución a este gravísimo problema, que “vos poñades ao noso lado e deixedes a política a parte”. “Non pensedes que os cormeláns imos alentar a niguén que neses momentos de crise sanitaria se dedique a tirar merda en vez de arrimar o ombreiro”, deixa claro o manifesto.

Pero tamén esixen que “os representantes do partidos do Concello reclamen á Xunta, á Deputación e ao Goberno Cetral os recursos necesarios para renovar o alcantarillado, que ten máis de 50 anos, e que se fagan as reformas necesarias na depuradora e no pozo das tormentas, que nunca funcionaron ao 100%”.

Concentracion ante a crise da auga de Corme-Foto-Edu Cambon 2Concentración ante a crise da auga de Corme-Foto-Edu Cambón

Procedemento xudicual

Así mesmo, a Asociación de Veciños Eduardo Pondal, continúa co seu proceso xudicial, e informaba a todos os veciños de que a partir deste martes 8 de outubro, as 11:00h, poderanse presentar as reclamacións os veciños afectados pola contaminación, tamén os que que non estean empadronados.

APIN denuncia que o alcalde si coñecía as anomalías da rede de abastecemento

APIN e PP seguen cos coitelos afiados. APIN, por exemplo, considera que ”dúas semanas foron demasiado tempo, cremos que o problema podería solucionarse antes, o Concello tiña documentación suficiente da problemática na rede de abastecemento de Corme e máis puntos problemáticos do Concello”.

Pero cre APIN que “agora é o momento de estudar as distintas responsabilidades”, e fai unha cronoloxía dos últimos 5 anos.
Lembran que en 2014, a empresa concesionaria, Espina y Delfín, estaba levando a concesión con prorroga, “é dicir, en precario”. “As instalacións atopábanse con moitas deficiencias, ás depuradoras de Corme e Pazos non estaban dentro da concesión anterior e polo tanto non tiñan mantemento, había, e hai, conducións de auga cunha antigüidade de 50 anos feitas de fibrocemento e chumbo”.
Asegura APIN que fixo todo o necesario para renovar a licitación xa en 2016, pero que o alcalde, Lois Carballido, “retrasaba e retrasaba a decisión”. “Así nos atopamos hoxe, Outubro de 2019, logo de sufrir unha crise grave por contaminación na auga en Corme, e con todo sen facer”.

De aí, as conclusións de APIN son graves: ”É dicir o problema da auga é “un mal” do que era consciente o goberno de Ponteceso, dende o noso punto de vista, xa que ás anomalías da rede de abastecemento e pluviais foron detalladas e estudiadas e debidamente documentadas en un profundo análise de campo por unha enxeñería xa no ano 2016”.

Por todo isto piden un pleno, non para pedir dimisións, se non para pedir solucións.

O PP non descarta accións legais

Pola súa banda, o PP de Daniel García Cotelo sinalou que Qirá ata o final á hora de depurar responsabilidades pola crise do auga que provocou durante os últimos días a intoxicación”. Ademais, desde o PP de Ponteceso estudan tamén a posiblidad de poñer sobre a mesa un plan de actuación que permita levar a cabo un chequeo de todo o estado actual das tuberías e das conexións de traíaa do auga para que nun futuro non se repita un caso como este.
E en todo caso, non descarta iniciar accións legais contra a persoa ou persoas responsables de que a auga non cumprise cos parámetros de salubridade.

Novas da Crise da Auga en Corme

Comentarios