O GOAS comezou a campaña subactuática para datar o Pecio da Arnela
Despois de varios anos de demandas, a Xunta arrincou este mércores unha campaña subacuática para investigar o pecio da Arnela. Acompañados de Suso Lista, e a AC. Insua de Viastela, varios buzos especializados e un arqueólogo (non tiveron que levar bombonas pois o pecio hai moi pouca profundidade) estiveron á orilla da praia urbana de Corme para avaliar se efectivamente este pecio provir da viaxe da Fragata Praceres no 1793, como sospeita a entidade.
O Grupo Operativo de Actividades Subacuáticas (GOAS) estiveron fixando as localizacións máis importantes para o luns, cando volvan retomar as inmersións, xa teñan claro o proceso. Dende o GOAS esperan poder utilizar a última tecnoloxía para datar o pecio por carbono 14, e descubrir mesmo de que madeira se trata e de onde era a árbore que fixo materia prima.
Un Museo no lugar
Dende a Asociación Insua de Viastela seguen mantendo a súa proposta de deixar os canóns, as áncoras e demais onde está, facendo unha pequena inversión na sinalización como un Museo Arqueolóxico Subacuático, incidindo na riqueza do patrimonio arqueolóxico subactuático de toda a costa da Morte.