Luns. 04.11.2024
El tiempo

A comunidade cultural de Corme lamenta o deterioro e esquecemento do pecio da Arnela

Pecio da Arnela-Corme 1
Imaxe noctuna do pecio
A comunidade cultural de Corme lamenta o deterioro e esquecemento do pecio da Arnela

Con marea baixa pódense aprezar varias das partes do barco afundido diante da praia da Arnela, no centro de Corme, do que xa nos ten debullado Suso Lista a súa importancia no artigo “Tesouros afundidos de Corme.

Un pecio que ten “unha grande importancia tanto para a historia da navegación en xeral como para a de Corme en particular”, pero que sofre un grave deterioro, segundo valoran as entidades sociais e culturais da vila como Asociación Cultural Insua de Viastela, ademais da Asociación de Veciños Eduardo Pondal, a Asociación Deportiva Vidú, o Corme C.F., a Asociación de Redeiras Illa da Estrela, a Asociación Cultural San Adrián de Corme-Aldea, a Confraría de Pescadores de Corme e a Anpa As Forcadas.

Pecio da Arnela-Corme 4

Explican que “ao canalizarse o río da Arnela e cerrarse o ciclo da auga na praia, a area que antes baixaba coas riadas de inverno e aguantaban os restos tapados e protexidos dos embates do mar, deixou de facelo e cada ano o pecio queda máis descuberto e sen protección nas vagas de mar polo que, en breve, asistiremos á súa desaparición se alguén non lle busca un rápido remedio”.

Por iso, ademais de ter solicitado a creación dun “Parque Arqueolóxico e da Biodiversidade Submarino”, solicitan “aos responsables de velar polo noso patrimonio que, urxentemente, se tomen medidas e decisións (hainas) co obxectivo de que o pecio non desapareza e recolleremos firmas para apoiar esta iniciativa”.

Pecio da Arnela-Corme 2

Pecio da Arnela-Corme 3

Novas relacionadas

Comentarios