Corme destapa a historia da Fragata Placeres, probablemente a protagonista do Pecio da Arnela
Segue descubrindo a historia do pecio da Arnela a veciñanza de Corme gracias ao compromiso da Asociación Insua de Viastela. A entidade artellou este pasado xoves, aproveitando as meirandes mareas vivas do ano, unhas completas xornadas arredor destes restos de 1793 que están mesmo na entrada da vila.
Desta volta, a entidade aproveitou a presenza vasca en Corme para invitar a varios membros de Albaola, entidade vasca recoñecida internacionalmente e especializada en salvagarda e construción de embarcacións históricas. I é que todo apunta, aínda que os arqueólogos sempre son moi cautos, que o pecio pertence á Fragata Placeres, que saía do peirao de Pasaia e que puido afundirse en Corme o 8 de decembro de 1793.
Visita ao pecio
Aproveitando as mareas vivas, arredor das 11:30h do xoves, a comitiva de arqueólogos e organizadores visitou o pecio, que se ve perfectamente a pé dende o pequeno areal urbano. “Son só táboas pero é unha cousa impresionante velo alí”, destaca Suso.
Os arqueólogos e o carpinteiro de ribeira vasco estiveron tomando medias (trátase dunha estrutura de 10 metros de longo, por 2,5 metros de ancho), da man do director da intervención David Fernández Abella e o seu equipo.
Charla no MACCMO
Pola tarde, o Museo de Arte Contemporáneo de Corme (MACCMO) acollía unha serie de charlas.
Xabier Alberdi, director científico de Albaola e director do Museo Marítimo Vasco, que deu moitos detalles sobre a Fragata Placeres, que foi a que inaugurou as viaxes da Real Compañía de Filipinas, e que facía a ruta de Cadiz a Manila. Destacou a potencia do buque, que contaría con 100 homes a bordo, e que cando sufriría o naufraxio en Corme, datado no 8 de decembro de 1793, xa tería dado varia voltas ao mundo dende a súa botadura en 1765, xa que ía polo estreito de Magallanes pero volvían á España polo Índico, por Sudráfica.
Lembraron que polo menos hai constancia de 9 canóns do buque, 4 que xa foron extraídos no seu día (e que ben poderían estar nun hipotético Museo dos Naufraxios e do Patrimonio Subacuático da Costa da Morte) e outros 5 (probablemente haia máis) que quedan localizados no fondo da enseada.
Igualmente Alberdi, dou detalles técnicos moi interesantes, como o de que en outubro do 1793, dous meses antes do naufraxio, no marco da guerra con Francia, non hai marinería no País Vasco, polo que tiveron que subir a bordo a labregos. “A maioría da tripulación non era mariñeira, un dato chave para poder entender o naufraxio que acontecía un par de meses despois. Todo vai dando datos de que puido ser a Fragata Placeres a que temos aquí”,
Así o recoñeceu tamén carpinteiro de Ribeira, Xabier Agote, dando conta que as medidas dos tablóns son medidas utilizadas en barcos vascos, que é distinta da medida utilizado no resto de Castilla.
Seguinte paso
Procurar que se deteriore o menos posible, tendo en conta de que “nos últimos nove anos, perdeuse entre o 60 e o 70%”. Destacan que sería ideal a conversación in situ, facendo algún tipo de tapado, e tamén sinalan que en breve intentarán datalo a través da proba do carbono14.