Novas xornadas informativas sobre os eólicos no Esteiro do Anllóns

Trala celebración do primeiro acto das Xornadas Cantís do Canteiro, volven a Plataforma da defensa do Monte As Salgueiras e a Rede Galega por un Rural Vivo, artellar unha nova sesión de información sobre os parques eólicos.

A cita será domingo dia 6 de xuño ás 11.30 h, en Currás, no Esteiro do Anllóns (Ponteceso), en presencia de Carlos Penedo, da Plataforma pola defensa do monte As Salgueiras, e Iñaki Varela de Verdegaia. Penedo ofrecerá un novo modelo eólico da man do manifesto “Aldeas con Horizonte” e Varela falará dos Equilibrios Socio ambientais.

Igualmente, dende a RGRV, como unhas das entidades convocantes de “EÓLICA, NON ASÍ”, lembran a manifestación que vai celebrarse o día 5 de xuño ás 12.00h na Alameda de Compostela.

Novas relacionadas

Novas sobre eólicos