O Monte Branco tamén viviu un acto sobre o impacto dos eólicos

Ademais das xornada cultural e reivindicativa arredor dos Penedos e Traba e Pasarela, a sociedade civil da bisbarra tamén demostrou o seu compromiso co coidado do noso territorio natural ante a invasión exacerbada dos parques eólicos noutro acto celebrado este domingo.
Foi precisamente no cumio do Monte Branco onde tivo lugar unha xuntanza coa veciñanza de Ponteceso, enmarcada nas Xornadas Cantís do Canteiro. A temática versaba sobre transición enerxética e a problematica eólica, facendo especial fincapé no impacto que vai ter no territorio o parque eólico As Salgueiras.
O acto estivo organizado pola Plataforma pola defensa do Monte As Salgueiras e a Rede Galega por un Rural Vivo e nel intervio Amancio Sotillo, da Asociación Ecoloxista ADEGA, que falou sobre o que é e representa a transición enerxética e o actual "boom" de proxectos eólicos no país.
A continuación interviu Carlos Penedo, centrando a súa intervención nos efectos negativos dos eólicos: afección aos núcleos de poboación, á paisaxe, Rede Natura e lindes, humedais, patrimonio material, inmaterial e as paisaxes pondalianas foron algunhas das cuestións analizadas.
Novas relacionadas
- Outubro 2020: 6 entidades alertan do impacto ás "paisaxes pondalianas" do Parque Eólico das Salgueiras.
- P.E. Salgueiras: “O parque eólico Salgueiras é ilegal que cada representante político e social asuma súas responsabilidades”.
- P.E. Salgueiras: Esixen a modificación do proxecto eólico das Salgueiras polo impacto visual e a aparición de novos elementos patrimoniais
Novas sobre eólicos
- Maio 21: A poesía voltou ao rescate dos Penedos.
- Maio 21: “Quen vai querer mercar unha casa ou unha finca que estea dentro da poligonal dun parque eólico?”.
- Maio 21: As entidades medioambientais denuncian "a fragmentación territorial e paisaxística sen precedentes" dos novos proxectos eólicos.
- INFORME: O novo impulso eólico propón 39 novos proxectos na Costa da Morte.