Venres. 25.09.2020
El tiempo

Esixen a modificación do proxecto eólico das Salgueiras polo impacto visual e a aparición de novos elementos patrimoniais

Os colectivos veciñais lamentan a inacción do goberno municipal en defensa do patrimonio natural de Ponteceso
Recreacion 3D do Parque Eolico das Salgueiras sobre o Monte Branco e o Esteiro do Anllóns, creada polo Colectivo A Rula
Recreacion 3D do Parque Eolico das Salgueiras sobre o Monte Branco e o Esteiro do Anllóns, creada polo Colectivo A Rula
Esixen a modificación do proxecto eólico das Salgueiras polo impacto visual e a aparición de novos elementos patrimoniais

Continúa a batalla contra os poderosos xigantes eólicos na comarca. Despois de elevar as queixas polo parque eólico das Salgueiras á Valedora do Pobo, a veciñanza volve denunciar o proceso de expoliación do noso patrimonio natural, apoiado pola inacción do Concello pontecesán.

A realidade é que só o impacto visual que comprobamos en pleno corazón do Monte Branco, o mirador máis importante do espazo do Esteiro do Anllóns, dá para facer unha reflexión sobre a invasión dos viraventos nunha zona na que ademais tamén están en marcha o proceso de repotenciación do parque eólico de Corme e o de Pemalsa en Malpica .

Parques eolicos de Malpica e Ponteceso en marcha
Mapa dos parques eólicos da zona de Ponteceso e Malpica

A DIA obsoleta: novos elementos patrimoniais non catalogados

O colectivo esixe a modificación do proxecto pola aparición de novos elementos patrimoniais non previstos na Declaración de Impacto Ambiental presentada en 2016, e realizado durante o 2011. Non entende a plataforma que se aprobe en 2020, e en plena pandemia, un proxecto tan grande coma este, e valoran que os cambios de numerosas leis de protección ambiental ratificarían unha necesaria reforma do DIA.

O colectivo enviou unha serie de documentación realizada pola Plataforma pola Recuperación do Sar e Colectivo A Rula ás administracións (tamén ao Concello, pero sen atopar resposta) á propia Valedora do Pobo para sinalar o impacto ambiental e paisaxístico nunha zona hiperprotexida, sinalando ademais elementos patrimoniais concretos que serán afectados polos camiños de acceso ao parque, como o Cuceiro das Travesas, a a Mámoa de Monte Carballa, a antiga Capela de Santo Hadrián, ou o Petroglifo de Santo Adrián Vello. De igual xeito, o proxecto tamén afecta varios elementos que aínda están sen catalogar, como son o Camiño Real das pescas entre Corme e o Couto, o Cruz das Salgueiras, ou o Carrozo Románico.
De feito, os colectivos deron traslado á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura destes novos elementos, que deberían estar recollidos nun novo documento de impacto ambiental.

Así mesmo, os colectivos sinalan que o parque sitúaseen Solo Rústico de Protección de Espazos Naturais segundo o PXOM, polo que estaría infrinxindo a lei urbanística.

Novas relacionadas dos Parques Eólicos de Corme

Novas relacionadas cos Parques Eólicos

comentarios