Piden á Xunta a declaración Declaración do Festiletras como Festa de Interese Turístico de Galicia
Despois de 43 edicións, xa vai sendo necesario que Galicia faga xustiza cunha das citas máis relevantes de todo país en materia das Letras Galega. A familia da Fundación Eduardo Pondal está recabando apoios para solicitarlle á Xunta de Galicia declare o Festiletras como Festa de Interese Turístico de Galicia.
A máxica Aldea do Couto (Ponteceso), coas súas 80 casas, l”eva décadas consolidándose como un dos eventos culturais máis significativos do país, combinando literatura, música, artes escénicas, ciencia, artesanía e actividades para todas as idades, sempre cun compromiso central coa lingua galega e coa posta en valor da figura de Eduardo Pondal e da Costa da Morte”.
Así reza a carta de apoio que están asinando personalidades de todos os sectores da comarca e de toda Galicia, para conquerir este merecido calificativo.
Unha Declaración que aseguraría a súa supervivencia, e que permitiría á organización non ter que estar arriscando cada ano medio patrimonio, e estar pendente da aprobación das axudas anuais.
A Fundación defende que ademais de ser un punto de atracción á comarca de Bergantiños de milleiros de persoas cada ano, ofrecendo unha oferta cultural de alta calidade, o evento xera un impacto social e territorial importante, activando a vida comunitaria da veciñanza durante todo o ano, gracias a ese comprometido voluntariado interxeracional, e á dinamización do asociacionismo, sempre promovendo unha imaxe positiva e innovadora das aldeas galegas.
”Por todo o exposto, consideramos que o Festiletras cumpre sobradamente os criterios de singularidade, arraigo, continuidade, participación cidadá e capacidade de atracción de visitantes esixidos para a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia, polo que solicitamos que se teña en conta este apoio no expediente correspondente”, sinalan no comunicado.