O Festiletras do Couto, “o gran milagro” da cultura galega
O fervedoiro cultural do Couto suma e segue. Os máis de 300 cativos e cativas que gozan da mellor Escola de verán do planeta foron espectacdores de excepción do programa do Festiletras 2023. Aguantaron á solaina na eira da Fundación Eduardo Pondal ás verbas dos representantes políticos pero despois disfrutaron ao máximo dun aperitivo do festival das letras máis auténtico do país con Pako Pakolas,
Foi o auténtico armadanzas da familia do Couto, Xosé María Varela, o presentador da nova edición do festival. Varela fixo os obrigados agradecementos a administracións e casas colaboradoras, pero fixo especual fincapé na colaboración da veciñanza, e da súa familia, dando conta da perfecta representación que simbolizan os seus fillos da “cadea de transmisión” que ten o Couto, pois son a día de hoxe Adrián e Uxía os auténticos programadores do festival.
Pouco a pouco repasaremos o ambicioso programa que comeza o 1 de setembro (cunha xornada especial para a cativada da Escola de Verán), 2 e 3 de setembro, pero antes repasamos as impresións do día da presentación oficial.
Xosé Regueira, (BNG) vicepresidente da Deputación, destacou o “gran Milagro” no Couto, como a peli de Berlanga. “Unha festa galega como esta, que serve de exemplo para que outras partes de Galicia o copien”. Ademais de reivindicar o rock&roll en galego, deixou claro que para o ente provincial ”é un motivo de orgullo colaborar estes 41 anos e outros 41 anos máis”,
Por parte da Xunta, o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, volveu ao Couto para pedirlle a esta nova xeración de herdeiros do Festiletras, que disfruten de todas as actividades que se van celebrar a primeira finde de setembro “en galego”. “Vivimos nun paraíso, afondou”, ao que tempo que lles pediu que “non esquezades falar na lingua galega”.
Máis emotivo foi o discurso do alcalde popular José Manuel Mato no seu primeiro festival como rexedor. Lembrou os seus anos de alumno e agradeceu á Varela e á familia do Couto “os valores que nos aprenderon”. “Gustaríanos que o Concello estivese á áltura da escola máis grande que hai en Galicia”, díxolles directamente aos voluntari@s sénior, aos que agradeceu o seu compromiso.
Rematou a quenda de intervención Natividade Gonzáez, deputada nacionalista de Cultura, destacando o valor destas iniciativas: “non hai proxectos coma estes que se dure tantos anos”.
Fesstival
Poden ir ollando o nivel do Festival nesta serie de nome: