Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Festiletras, a perfecta maridaxe entre tradición e vangarda

Festiletras 2022-Eira de Paieltes
A Eira de Paieltes foi un dos epicentros do Festiletras
O Festiletras, a perfecta maridaxe entre tradición e vangarda

A aldea do Couto, en Ponteceso, volveu convertirse no epicentro da cultura galega co gallo do Festiletras. O festival, que dende a pandemia trasladou o formato a setembro, foi un auténtico fervedeiro de actividades, coa música como gran referente, para celebrar o seu 40º aniversario.

Un festival que é un verdadeiro exemplo de integración, de involucración dunha aldea, dun pobo, nun evento cultural. As familias ceden as eiras para concertos, para a zona da comida, de acampada, para aparcamentos… deixan os galiñeiros para recitais, para os postos de artesanía.. cedendo os seus muros para a arte graffiteira… e máis aínda de cada actividade. As as mestres Escola de Verán currando detrás das barras e na organización, cerrando o ciclo da implicación sen igual.

Así locía a aldea na tarde do sábado, apenas as 17:00h, cando Os Tres Pés lle rendían homenaxe a Suso Bahamonde na Eira de Rosende.

A música, como reivindicación da nosa lingua

Festiletras 2022-Mostra Artesania 4
A Mostra de Artesanía

Tras unha primeira xornada dedicada aos peques da envexada Escola de Verán, a música foi a gran protagonista, co permiso dos libros e da artesanía galega.

A tarde-noite do venres foi espectacular, con 4 concertos que se recordarán moito tempo. Os carballeses Lowcos e os cercedáns Zënzar (con Boci á cabeza que ademais estivo retratando o festival durante toda a finde para as redes sociais do Festiletras fixeron lembrar os 90 máis rockeiros, quecendo o ambiente para que na carpa principal, os muradáns The Rapants fixeran bailar a todo o mundo co seu divertido indie galaico, rematando a noite os bombazos de Dios ke te Crew, que protagonizou con Bojanka Kostova un dos momentos máis impresionantes de todo o festival con ese “Original Galego” que xa é un himno para a rapazada do pais.

Arrincaba a xornada sabatina coa mostra de artesanía (gracias á colaboración Xunta) xa a pleno rendemento, e co recital Rosalía Fernández Rial, acompañada por María Álvarez, nunha Eira de Pailetes, que foi un dos grandes centros da xornada. MJ Pérez puxo tamén ton musical. 
Non puido saír o globo aerostático por mor do tempo, pero sa saíron os peliqueiros e os pacabanotes da man da Inllar e Os Farrapos.

Os TRes pes cantando a Suso Vaamonde
Os Tres pes cantando a Suso Vaamonde na Eira de Rosende
Festiletras 2022-Eira de Paieltes-L.R
L.R. na Eira de Pailetes

Ao longo da fin e semana foron subindo polos diversos escenarios unha manchea de bandas galegas, todas menos unha, @s asturian@s L.R. que engancharon estupendamente co público que xa ateigaba a Eira das Peiletes dende que Carlangas (que chegou tarde e pinchou finalmente ás 18:00h) cunha sesión de música ghallegha contemporánea quecera o ambiente para que Lóstregho rachase con todo.
Polo medio, María Canosa tivo un complicado papel coa xente en modo festa, falando do compromiso de escribir en galego, porque si.

Festiletras 2022-Lostregho
Josiño, o cantante de Lóstregho, en plena acción

Esperada era a noite sabatina con dúas das referencias da revolución da música tradicional. Rodrigo Cuevas, en solitario, unha das grandes estrellas do festival, trouxo máis discurso que lío, pero Baiuca, con banda completa gracias á colaboración da Deputación, a que salvou a noite mesturando á perfección a tradición e vangarda, o dixital co analóxico, ratificando precisamente a idea deste Festiletras.

Se aguantou o tempo venres e sábado, non o fixo o domingo, provocando que as eiras quedasen orfas de eventos, e que os concertos da sesión vermú de Oîma e Pan sen Fron, e da tarde de Belem Tajes e as Pandereteiras do Roncudo, se celebrasen na carpa principal. O fin de festa chegou da man de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre que coa sorpresa do mesmísimo Gayoso, deron un completo concerto.

Mención especial merece a familia Varela, con Xosé María levando 40 anos á cabeza, e Adrián e Uxía tomando o relevo e sendo os principais armadanzas de todo este mes e medio de lío cultural. Que non cansen.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios