O Festiletras, a aldea que fai o evento cultural máis importante de Galicia
Ciencia, cultura, música, humor, graffiti, artesanía, contacontos, títeres, teatro, cine-documental, gastronomía, libros,… non caben todas as cousas que acoille a pequena aldea do Couto cada “Festiletras”. 80 casas que se convirten no epicentro cultural de toda Galicia arredor das Letras Galegas, que estes anos, por mor da pandemia, se traslada a setembro.
E non fía mal, porque o primeiro día está integramente pensado para as 160 criaturas que disfrutan da singular Escola de Verán, cunha Xornada de Música Infantil co melloriño do país.
Un “evento cultural promoven a economía”, como valora Xosé María Varela, un dos grandes armadanzas, dende hai máis de 40 anos, da axitada vida da aldea. “Ademais dos gastos que traemos nós directamente dende a organización en restaurantes, hoteis… moita xente estivo esta fin de semana disfrutando da hospitalidade e as paraxes de toda a contorna”, gastando nos establecimentos de toda a volta.
O Festiletras está pensado para todas as idades. Fotos: Drew
Abrindo a aldea
Esta edición supuxo un “antes e despois” na relación do festival coa aldea. “Distribuir as actividades pola aldeas, deu moito traballo sobre todo na montaxe nos pequenos rueiros, pero tamén os dá esa satisfacción de poder amosar a aldea, porque había xente que aínda non a coñecía”, reflexiona Varela.
Mentres varias rúas cambiaban de cor gracias aos graffitis do Colectivo Mutante, Møu e Sokram; e mentres se despachaban polas rúas os pasacabanotes da Banda Inllar, A Tagea, A Requinta da Lareira, Os Farrapos, Xa era hora ou Os Viqueiras cos seus cabezudos; o festiletras descubría un novo espazo, que parece que chegou para quedar: A Eira de Palletes (aquí embaixo) acolleu miniconcertos e charlas cun ambiente moi san.
A Eira do Palletes-Foto-Drew
Aínda quedan moitos espazos e recunchos que recuperar para a causa, como esa casa que levaba dous anos á venda e que finalmente foi vendida esta pasada semana; ou ese outro soño dun dos monitores máis novos, de reformar unha vivenda da súa familia.
O Voluntariado, chave
Unha das maxias que consegue a Fundación Eduardo Pondal e da Asociación Monte Branco, é a implicación da veciñanza, que actúa como voluntario para que todo saia ben tanto na Escola de Verán, como no Festiletras como en todos os eventos que realizan.
”Para min é o máis importante de todo isto”, reflexiona Varela. Fronte o que fan moitas administracións e empresas que delegan todo to “faime, faime, faime; nós propoñemos o facemos, facemos, facemos”. É incrible ver rapaciños de 15 ou 16 anos, que ademais non son todos do lugar pero se sinten identificados co que facemos, redixirindo coches, cambiando un barril de cervexa, e tratando todo con respecto. “Xente que vai falar falego, e que sempre vai ter vinculación coa súa terra, e aí é cando se fai verdadeiro ese lema que temos de “Escola de Verán, cordón umbilical””, apunta.
E igual de marabilloso ver as ducias de xubilados da aldea que colaboran, achegándose cada día de agosto ás 10:45 a axudar na entrada das crianzas da Escola de Verán ou axudando co tráfico. “Creo humildemente, que neste sentido demos unha lección. Con menos recursos, se hai implicación do voluntariado, coas persoas se pode conseguir o que sexa. Creo que todas as administracións van ter que priorizar aquelas accións que moven á xente”, sinala pensando xa no emotivo acto de entrega de agradecemento a tod@s @s voluntarios destes dous singulares eventos.
Pasacabanotes-Fotos-Drew
Un programa cheo
Xoves, venres, sábado e domingo foron xornadas de non parar.
Os libros con Rosa Aneiros, os títeres de Fantoche Baj, e os contos do gran Celso Fernández Sanmartín, queceron o ambiente do xoves para que Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán o racharan coas risas dunha das citas con entradas esgotadas. Boa risoterapia a que trouxeron ao Couto estes dous xigantes da escea galega.
O venres foi turno para o Festiciencia, que ao igual que a recollida de plásticos con Diversiplás, fomentou a conciencia e o coñecementro entre a mocidade.
Festiciencia: Foto: Drew
O sábado pola mañá está reservado ao Encontro Aldeas Singulares, que xa vai pola súa 8ª edición. As cooperativas tamén estiveron moi presentes co FestiCoop, para dar paso, pola tarde, a maxia de Guadi Galego no escenario.
Guadi Galego no Festiletras-Foto-Drew
O domingo foi día de artesanía, con xentes tan singulares como Rakelúa ou Maranxo, desas das que nunca fallan. O artista invitado para o último día do Festiletras foi Xosé Lois Romero & Aliboria e Amigxs.
Feira de artesanía-Foto: Drew
Non deixo a Fundación de recoñecer a labor divulgativa dos “Bos e Xenerosos”. Neste caso, os galardoados foron o polivalente Xurxo Souto, a zoqueira Elena Ferro e o músico Quique Peón, que tamén deixaron as súas pegadas en forma de palabras nas terras do Bardo.
Aquí o comprobamos, nestes vídeos resumo de Bocixa: