A pontecesá María Bazar Verdes, entre os 10 finalistas dos Premios Promesas da Alta Cocina
Outro fito superado. A pontecesá María Bazar Verdes xa está na gran final dos XIII Premio Promesas de la alta cocina que outurga a escola Le Cordon Bleu Madrid. A estudante do CIFP Paseo das Pontes de A Coruña será a única representante galega, e terá que superar a outros 9 estudantes procedentes de Las Palmas, Granada, Valencia, Barcelona, Tenerife, Valladolid, Tarragona ou Asturias.
A cociñeira bergantiña xa superou a primeira fase, meténdose entre as 50 mellores promesas da gastronomía estatal, e con este vídeo, e gracias á votacións do público e do xurado, cólase na gran final. A receita é de “Coello, râble recheo e cenoria glaseada cunha segunda guarnición e unha salsa de castaña galega:
María quere ademais coller o relevo do seu compañeiro oleirense Jacobo Diz, gañador da edición do ano pasado, e que goza a día de hoxe da prestixiosa beca valorada en 40.000€ nunha das mellores escolas gastronómicas do mundo, a Grand Diplôme®. Verdes opta tamén ao segundo premio, que se trata doutra beca valorada en 23.000€.
Como é María
Natural de Tella, non chega aos 22 anos, pero xa sabe o que é gañar premios como o Medalla de ouro nas Galician Skill 2023, o Concurso de Cociña e Coctelaría “Memorial Fraga do Eume”,
Podedes coñecela máis na conversa que tivemos con ela hai apenas 5 meses.