Luns. 29.04.2024
El tiempo

María Bazar, Melissa Touriñán e Alberto Balayo, os nomes costeiros que soan na vangarda formativa da hostalería galega

Maria Bazar Verdes no CIFP As Pontes
Maria Bazar Verdes no CIFP As Pontes
María Bazar, Melissa Touriñán e Alberto Balayo, os nomes costeiros que soan na vangarda formativa da hostalería galega

Seguen caendo boas novas arredor do sector hostaleiro da Costa da Morte. Falamos durante moitos anos da necesidade de mellorar na calidade a través da formación, e os resultados vanse obtendo. Mentres no IES de Muxía xa se forma ás primeiras fornadas de profesionais, escolas como a CIFP Paseo das Pontes da Coruña demostran que os costeiros teñen un talento especial.

Falamos, por exemplo, de María Bazar Verdes. A pontecesá do CIFP herculino xa vencera na categoría de panadería no Galicia Skills do 2023 (repetirá neste 2024), e este ano vén de gañar xunto co seu compañeiro Jacobo Díaz o Concurso de Cociña e Coctelaría “Memorial Fraga do Eume”, na modalidade de cociña. Ollo aos pratos que lle valeron o premio: “Lirio, Grelo e San Simón” e “Lirio de Carnaval”.

Maria Bazar Verdes ganando o Galicia Skills 2023 de Panaderia
Maria Bazar Verdes ganando o Galicia Skills 2023 de Panaderia

Hai que falar tamén da Melissa Touriñán e Alberto Balayo. A dumbriesa e o liracho, alumnos tamén do ciclo superior do CIFP Paseo das Pontes, levaron premios no Campionato Internacional de Cata de Cafés de Escolas de Hostalería celebrado en Foz.

Alberto Balayo a dereita
Alberto Balayo á dereita

Máis novas

 

Comentarios