Ponteceso contará cunha nova residencia de maiores privada de 140 prazas
09 de xullo de 2026 (15:35 h.)
Unha parcela do centro urbano de Ponteceso albergará unha residencia de maiores con 140 prazas. Así se anunciou esta mañá na visita da Conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, que foi recibida polo alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, boa parte da corporación e responsables políticos da comarca.
O novo centro residencial suporá contará con case 6.000 metros cadrados, e estará organizado en unidades de convivencia e varios apartamentos tutelados. Permitirá, ademais, a xeración de emprego na zona, coa posta en marcha de arredor de 90 postos de traballo.