xoves. 09.07.2026
El tiempo

Ponteceso contará cunha nova residencia de maiores privada de 140 prazas

Residencia de Maiores Ponteceso
Ponteceso contará cunha nova residencia de maiores privada de 140 prazas

Unha parcela do centro urbano de Ponteceso albergará unha residencia de maiores con 140 prazas. Así se anunciou esta mañá na visita da Conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, que foi recibida polo alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, boa parte da corporación e responsables políticos da comarca.

O novo centro residencial suporá contará con case 6.000 metros cadrados, e estará organizado en unidades de convivencia e varios apartamentos tutelados. Permitirá, ademais, a xeración de emprego na zona, coa posta en marcha de arredor de 90 postos de traballo.

 

Comentarios