Ponteceso crece a golpe de acuarela

Fermosas as estampas que vivíu Ponteceso esta fin de semana. O II Certame de Pintura Álvarez de Sotomayor convertíu a vila bergantiñá no paraíso das acuarelas, e achegou a 44 pintores de toda España para retratar a beleza costeira.

As rúas acollían os caballetes dos artistas, que se dispersaban para coller as mellores perspectivas da vila. A casa do bardo ou o río Anllóns foron das paisaxes preferidas, pero por toda a vila os veciños puideron disfrutar das obras de arte con denominación pontecesá.

Gran proposta de dinamización turística a través da cultura esta artellada pola Fundación Eduardo Pondal e o Concello de Ponteceso. Deixa ademais unha fermosa exposición sobre a beleza bergantiñá.

O gañador final foi Pablo López Sanz, de Madrid. Segundo foi o vizcaíño Julio Gómez Mena, e o terceiro premio quedou en Galicia, concretamente en Rianxo, polo traballo de Carlos Triñanes Buceta.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Ponteceso e Fundación Eduardo Pondal.