Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Ponteceso reivindícase como referente turístico co II Certame de pintura ao aire libre

Ponteceso reivindícase como referente turístico co II Certame de pintura ao aire libre
II Certame de pintura de Aire libre de Ponteceso Alvarez de Sotomayor

Por segundo ano, a Fundación Eduardo Pondal e o Concello de Ponteceso lanzan esta proposta turística en clave de pintura. O II Certame de Pintura ao Aire Libre Fernando Álvarez de Sotomayor fará que centos de pinceis se acheguen a deixar constancia da arte da vila de Pondal o vindeiro sábado, 27 de xullo 2013, en plena ponte do Día da Patria.

Tralo éxito do ano pasado, e da similar proposta camariñá no Faro Vilán, Ponteceso volverá ser a capital galega da pintura.

A visión turística do certame vese nos premios, con case 5.000€ en premios e moitos en forma de estancias e degustacións en establecimentos da zona. Ademais, un premio curioso, vivir a experiencia de percebeiro.

A praza do Recheo servirá de centro de operacións, con exposicións, degustaciónsm libros... E como non, estará en marcha a proposta turística estrella da vila, o tren turístico que percorre a Ruta Pondaliana.

Este certame serve ademais de homenaxe este certame ao pintor ferrolán, afincado en Madrid pero con alma pontecesá.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Ponteceso e Fundación Eduardo Pondal.

Comentarios