Venres. 26.04.2024
El tiempo

A pintura e a escultura invaden Ponteceso

A pintura e a escultura invaden Ponteceso

Vaia dous pesos pesados da cultura que conviven no termo municipal de Ponteceso. Se na capital municipal anda a Fundación Eduardo Pondal xa ultimando detalles para o II Certame de Pintura ao Aire Libre Fernando Álvarez de Sotomayor. Ao tempo, no cabo do cormelán, está a Fundación Torre-Pujales Museo de Arte Contemporánea, Costa da Morte, que continúa creando un espazo de referencia internacional na esquina de Galicia.

Novas pezas para o MAC

Escultura de Jose Luis Fernandez para o MAC

Dende hoxe, 23 de xullo de 2013, o Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte xa loce unha nova peza. Acaba de instalar na terraza do Museo unha nova escultura, de gran formato, en poliéster e ferro, do coñecido escultor José Luís Fernández, de quen se acompaña unha semblanza.

O escultor José Luís Fernández nace en Oviedo en 1943. Desde moi novo entra en contacto co oficio da escultura xunto aos seus tíos Carlos e Luís Fernández, mestres na talla en madeira. Desde entón non deixou de traballar a escultura ata conquistar un estilo propio que lle caracteriza.
O seu primeiro estudo, unha bufarda en Oviedo, compárteo cos pintores Carlos Sierra e Miguel Anxo Lombardía. Aos 18 anos decide trasladarse a Madrid coa idea de viaxar posteriormente a Parides, pero Madrid atrápalle, e decide quedarse elixindo a formación cos grandes mestres do momento, no canto das escolas oficiais.

Como membro da xeración, dacabalo entre o Grupo El Paso e a revolución cultural dos oitenta a Movida madrileña, a súa obra desenvólvese nunha constante tensión entre a figuración e a abstracción. Os seus inicios son figurativos, pero a principios dos 70 evoluciona cara a un equilibrio entre a abstracción máis radical e a figuración que, baixo diferentes formas, mantense ata hoxe.
Na década dos 80 a obra de José Luís Fernández experimenta unha gran transformación. Comeza a traballar con espirales, péndulos, personaxes que buscan o equilibrio mediante plomadas, alusiones á morte que enraízan co seu gusto polas osamentas en forma de cráneos. Nesta época recibe o encargo de realizar a coñecida estatuilla dos Premios Goya de cine, que continúa facendo ata a actualidade.
Os anos 90 son importantes na súa traxectoria, realiza a exposición antológica "Trinta anos de escultura" no Centro de Arte Moderna Cidade de Oviedo, a raíz da cal recibe o encargo de ampliar en bronce una das súas pezas máis importantes A Pensadora situada fronte ao Teatro Campoamor, en Oviedo.

O escultor Jose Luis Fernandez

En marcha o certame de Pintura

Certame de Pintura Ponteceso Sotomayor 2013

O vindeiro sábado 27 de xullo celebrarase en Ponteceso o II Certamen de pintura ao aire libre "Fernando Á. de Sotomayor" promovido pola Fundación Pondal e o Concello de Ponteceso en colaboración coa familia do pintor ferrolano e director do Museo do Prado.
Na primeira edición de 2012, 80 artistas chegados de distintas partes de España sumáronse á convocatoria que nesta ocasión repartirá oito premios en metálico valorados en 4.700 euros e outros 14 que consistirán en aloxamentos e degustaciones gastronómicas. Un dos ganadores tamén se poderá converter en percebeiro por un día.

Esta convocatoria lembra a figura do pintor, director do Museo do Prado e membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid. Álvarez de Sotomayor (Ferrol, 1875 - Madrid, 1960) pasaba os seus veráns no pazo familiar de Sergude onde deu vida ás súas mellores obras inspiradas en Bergantiños e na Costa da Morte.

O prazo de preinscrición xa está aberto no email [email protected] aínda que as anotacións definitivas, e gratuítas, realizaranse na Praza do Recheo o propio día do certame entre as 9.00 e as 11.00 horas e no momento do selado dos soportes.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios