luns. 02.12.2024
El tiempo

Ponteceso crece a golpe de acuarela

Ponteceso crece a golpe de acuarela
Pintando Ponteceso

Fermosas as estampas que vivíu Ponteceso esta fin de semana. O II Certame de Pintura Álvarez de Sotomayor convertíu a vila bergantiñá no paraíso das acuarelas, e achegou a 44 pintores de toda España para retratar a beleza costeira.

As rúas acollían os caballetes dos artistas, que se dispersaban para coller as mellores perspectivas da vila. A casa do bardo ou o río Anllóns foron das paisaxes preferidas, pero por toda a vila os veciños puideron disfrutar das obras de arte con denominación pontecesá.

Gran proposta de dinamización turística a través da cultura esta artellada pola Fundación Eduardo Pondal e o Concello de Ponteceso. Deixa ademais unha fermosa exposición sobre a beleza bergantiñá.

O gañador final foi Pablo López Sanz, de Madrid. Segundo foi o vizcaíño Julio Gómez Mena, e o terceiro premio quedou en Galicia, concretamente en Rianxo, polo traballo de Carlos Triñanes Buceta.

Os tres ganadores do Certame de Pintura Sotomayor 2013 Varias dos pintores deste II Certame de Pintura Sotomayor Varias dos pintores deste II Certame de Pintura Sotomayor

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Ponteceso e Fundación Eduardo Pondal.

Comentarios