Ponteceso, o primeiro Concello que alza á voz contra Naturgy ante a avalancha de cortes eléctricos

Corcubión amenceu sen luz na mañá do xoves

Así amencía onte Corcubión. Sen luz, nun dos innumerables cortes de electricidade que estes estes días asolagan, como as chuvias, a nosa comarca. Vilas como Cee, Corcubión ou Fisterra están sufrindo continuos fallos da rede eléctrica (ducias de cortes durante estes días), pero outras partes da comarca non son alleas a estas problemáticas.

Por Bergantiños pasa tres cuartas partes do mes, e así o denuncia hoxe o Concello de Ponteceso, o primeiro en alzar a voz e sumarse á indignación social pola falta de suministro eléctrico.

Foron 12 as horas que pasaron moit@s veciñ@s de Ponteceso, achicando auga por mor das inundacións, pero sen luz. Por iso, o alcalde Lois Carballido, ademais de anunciar unha queixa oficial en Industria “polo maltrato ao noso concello”, invita aos veciñ@s a presentar reclamacións á empresa subministradora, que non é outra que Naturgy, polas importantes perdas que supón a falta de luz, pero, sobre todo, polos danos materiais tan cuantiosos que está a provocar a auga pola símple perda de tempo efectivo de traballo (en establecimentos, empresas….) e tamén non poder utilizar bombas de achique.


Vista da zona da Garga absolutamente asolagada

O alcalde púxose en contacto co responsable de Naturgy para pedirlle explicacións. Segundo indicou o representante da empresa, producíronse dúas avarías en dúas liñas, e os traballos para reparalas continúan a esta hora, pasadas as 18.00 horas, sen solución.

O Concello de Ponteceso está a recibir numerosas queixas da veciñanza, que cualifica a situación como “terceiromundista”. Ademais das perdas económicas, debido ás avarías eléctricas tampouco funciona a telefonía de R.

Novas relacionadas