Martes. 23.04.2024
El tiempo

O temporal Elsa deixa estampas tremendas e cifras de récord

Temporal Elsa en Muxia
Unha estampa do temporal Elsa en Muxía
O temporal Elsa deixa estampas tremendas e cifras de récord

Paso Elsa, unha nova borrasca que nos deixa claro, outra vez, que este outono-inverno 2019-2020 non vai tar doado como o dos últimos anos. Elsa deixou numerosos cortes de luz (está sendo unha cousa demasiado habitual nestes últimos meses), estampas que facía tempo que non se vían, como a vila de Muxía completamente anegada, e outras máis habituais, como as estampas anfibias de Laxe, contra as que tiveron que traballar arreo a brava xente voluntaria de Protección Civil e outras forzas da orde.

Pero en canto a cifras Elsa tamén bate marcas, e coma soe ser habitual Santa Comba volveu ser o máximo galego, con 96,9 litros por metro cadrado rexistrados na Estación de Fontecada (Santa Comba). Entre os 5 primeiros tamén fican os rexistros en Zas (78,2) e Coristanco (62,4).

O vento foi o outro protagonista do día. Facía tempo que non viamos os 135 km/h que rexistrou a estación de Vimianzo, e tremendo o dato recollido en Oia (Pontevedra): 152,3km/h.

 

O tellado da lonxa de Camariñas

Un dos problemas máis graves, e que obrigou á presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, a desprazarse ata o porto de Camariñas, tivo lugar na Lonxa Nova camariñá. O tellado comezou a despdenderse por mor do vento, e ata os Bombeitos tiveron que desprazarse ao lugar, para axudar nas labores de contención a Policía Local de Camariñas, persoal de Protección Civil de Camariñas e Policía Portuaria. Retiraron un par de placas de metal do tellado e acordoaron a zona.

Portos e a Consellería do Mar constataron a necesidade de realizar actuacións de emerxencia na lonxa para normalizar a situación o antes posible e cando as condicións meteorolóxicas o permitan.

O asunto vén de lonxe en Camariñas, pois xa denunciaron hai un par de meses que mesmo chovía dentro da confraría.

Houbo ademais numerosas incidencias, como unha avaría no suministro eléctrico en Xaviña, debido a que caeu unha árbore sobre o tendido; a caída da liña móbil de Vodafone; varios contedores polas rúas…

 

Casa anegada en Regoelle

Un veciño da parroquia dumbriesa de Regoelle lamentou que a súa casa quedou completamente anegada e considera que o asunto é cousa das últimas obras que se realizaron ao seu arredor.

 

Muxía

En Muxía, 10 voluntarios de Protección Civil, ademais do Alcalde e Concelleiros estiveron dende as 12:00h traballando a tope. O centro da vila quedou durante horas completamente anegado, e houbo un muro caído na Rúa Encarnación, para o que houbo que chamar a unha empresa externa.

Houbo 4 avisos de árbores caídas, continuaron acodindo a axudar a lugares (casas, establecimentos…) completamente anegados, como o Restaurante Saburil, un baixo de San Martiño de Ozón, dous baixos en Muxía ou unha casa en Chorente.

As estradas sufriron moitísimo. Tiveron que pecharse a de Caberta, que vai a Bustelo; e a de Riotorto. Ademais sufriron importantes balsas de auga en Xurarantes (baixa a auga pola pista toda chea de escombro ademais), en Agueiras, na estrada de Muxía a Cee que só é transitable en sentido contrario; e en Senande cara Berdeogas, transitable pero con moitísima precaución.

 

Cee

En Cee parece que os traballos de desatasco na rede melloran a situación, pero aínda así houbo inundacións en varios locais do Centro Comercial, así como en Dafit, que tivo que pechar. Ademais, para non variar, houbo máis de 6 cortes de luz, incluso nesta mañá de xoves.

 

Fisterra

Non lembraban en Fisterra ver caer así a auga pola Ribeira… Ademais houbo varios garaxes e unha vivenda inundados, e houbo varios cortes en estradas por acumulación de auga.

 

Laxe

Como sempre a zona da praia de Laxe quedoiu absolutamente anegada: baixos, terrazas e bares. Esta vez tocoulle o Bar Rivera onde a aunga se lle metía dentro do Bar levantando a tarima, explícannos dende Protección Civil. Na zona escolar os mestres pediron axuda para poder coller o seus coches; e o Polideportivo tamén quedou anegado.
No lugar de Mórdomo tamén anegou a entrada a varias casas e na zona de Réns que limita con Vimianzo facía intransitable a vía que enlaza con Santa Irene.

 

Santa Comba

Como non podía ser doutro xeito con esas cifras, a choiva complicou bastante a circulación en estradas locais. Os tubos das cunetas non daban abasto o que provocou innumerables balsas de agua, con especial incidencia na estrada que une Esmorode con Grixoa, segundo nos contan dende Protección Civil.

Dúas vivendas correron risco de pequenas inundacións. Ademais o vento provocou a rotura de dous postes de tendido electrico e teléfono así como a caída de pólas e algún que outro arbore ademais de danos en algún toldo e algunhas instalacións.

Tamén en Mazaricos houbo as normais inundación, e varias árbores caídas pero pouco máis.

Carballo

En Dumbría...

  Máis información

Completa Galería de imaxes do temporal

NOVAS dos Temporais

Comentarios