Ponteceso recibe unha macrosesión vermú polo Síndrome de RETT
10:36 06/04/23
Ponteceso recibe o vindeiro 23 de abril a visita da Asociación Síndrome de RETT. Unha efermidade rara que sofre ademais un rapaz do propio concello pontecesán, que será o anfitrión dunha festa solidaria.
A MacroSesión Vermú estará maridada por unha gran paella para un milleiro de persoas, con orquestra, disco móbil, inchables, e concentración de coches solidarios dos que 1 será sorteado a través de rifas. Antes a procesión motorizada pasará por Malpica, onde se poderán ver os coches mentres almorza a expedición.