venres. 17.07.2026
El tiempo

Denuncian que un novo incendio en Vimianzo puido ter sido provocado por un tractor que estaba limpando a canle da liña de alta tensión

Incendio en Vimianzo denunciado por un
O lume provocado por un tractor en Vimianzo
Denuncian que un novo incendio en Vimianzo puido ter sido provocado por un tractor que estaba limpando a canle da liña de alta tensión

Nova tarde pendentes dos lumes polo interior da nosa comarca. Desta volta puido ser unha neglixencia. Un tractor sufríu un fallo eléctrico e ardeu nun cruce no monte de San Bartolo e prendía lume no monte. Afortunadamente tanto o tractor como o incendio forestal foron sufocados con rapidez polos medios de extención.

PerosSegundo fontes cercanas, podería tratarse dun tractor que estaba desbrozando as liñas de alta tensión. Unha situación semellante á vivida o ano pasado no Couto, onde unha actuación semellante dunha eeléctrica en pleno mes de agosto provocaba o incendio forestal máis perigoso dos últimos anos na Costa da Morte.

Segundo especialistas na loita contra incendios, se o tractor levaba extintor ou batelumes, non se pode calificar de delito, unha vez que ademais hoxe o mapa IRDI non estaba en risco extremo. Outra cousa é a responsabilidade as empresas eléctricas, que agardan ata o pleno verán para poñerse a manter limpas as franxas.

 

Comentarios