Ponteceso, único concello da Provincia sen POS pola irresponsabilidade dos seus políticos

Imaxe dun dos últimos plenos de Ponteceso

Aconteceu. Finalmente, o pleno da Deputación deste venres ratificou que o Concello de Ponteceso é o único de toda a provincia que queda sen as axudas do POS+.

O cúmulo de irresponsabilidades protagonizado no último mes polos seus representantes políticos, con tres inúltiles plenos como perfecto exemplo, provoca que a veciñanza quede sen un investimento de máis de 750.000€ para mellorar as súas infraestruturas.

A falta de consenso, a falta de intención de chegar acordos por todas as partes (apenas APIN tendeu algunha  ponte), provocou a perda destas axudas.

Novas relacionadas