Martes. 23.04.2024
El tiempo

Ponteceso

Ponteceso queda sen POS+ pola falta de consenso do alcalde

Para o último minuto e sen negociación algunha deixou o pleno de aprobación do POS+ 2021 o alcalde de Ponteceso, Lois Carballido. E a xogada saíu mal, pois os 5 edís non adscritos e a edil popular votaron en contra, e a abstención dos dous de APIN non serviu para que saíse aprobada a proposta do goberno do Plan de Obras de Servizos.

Convírterse así Ponteceso no único Concello da Costa da Morte sen aprobar o POS, perdendo un investimento de 600.000€, para obras, gasto corrente e débeda, ademais doutros 150.000 para gasto social.

Concretamente a proposta do alcalde incluía unha partida para o pagamento a provedores as facturas pendentes, por un total de 254.511 euros; outra para gasto corrente, por un total de 249.466 euros; e apenas 47.000€ para a mellora da vía do Couto en dirección Cerezo.

A parte social do plan da Deputación iría destinada á financiación da parte que paga o Concello da dependencia, con 51.191 euros, e ao Plan de Emprego Social do Concello de Ponteceso, con 100.000 euros.

Durante o pleno houbo outra expulsión, a do voceiro do PP, Daniel García, que avisou de que "haberá que denunciar ao alcalde".

Escenas semellantes se viviron na tarde do xoves nos plenos de Santa Comba ou Muxía, pero finalmente si que saía adiante o Plan pola abstención en bloque de toda a oposición

Ponteceso queda sen POS+ pola falta de consenso do alcalde