Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Terceiro pleno inútil para salvar o POS de Ponteceso

Pleno de Ponteceso
Os votos en contra, por terceira vez, ao POS no pleno de Ponteceso
Terceiro pleno inútil para salvar o POS de Ponteceso

Novo pleno, terceiro neste mes, inútil o celebrado esta pasada mañá de xoves 11 de marzo. De novo, o mesmo Plan de Obras e Servizos presentado polo grupo de goberno saíu rexeitado tralosv otos en contra dos 5 edís non adscritos, e os do PP. Os votos a favor dos 3 edís socialistas e a abstención dos 2 de APIN (que votaron a favor da parte social do POS) volveron ser inútiles, e semella que os 758.000€ do POS da Deputación son imposibles de salvar.

E iso que o PP e os edís non adscritos presentaron a súa proposta para o POS directamente na Deputación, nesta semana na que pasaron a acción o PP Provincial e o PSOE comarcal.

Evaristo Ben (PP), lamentou a falta de consenso do alcalde, ao que lle critica a “actitude soberbia e irresponsable”, e propúxolle a “Valentín González Formoso, o presidente dos grandes anuncios, pero tamén dos nulos acordos”, “colaborar na procura dunha solución legal e coa seguridade xurídica suficiente”.

Pola súa parte, o PSOE de Bergantiños pon como única causa da perda do POS a “irresponsabilidade do PP”. “É unha situación que paraliza Ponteceso e a reactivación da súa economía, polo que os únicos perxudicados son os veciños”, asegura José Antonio Viña, coordinador dos socialistas da comarca sobre a “esperpéntica” situación plenaria.

Verdes, o voceiro de APIN, puxo os seus dous votos na man dos 5 edís non adscritos para levar adiante unha hipotética moción de censura, que tería que pasar polo Xulgado para analizar a sñua viabilidade.

Daniel García Cotelo explicaba o seu voto contrario: “Se propón o mesmo que ao principio, a resposta será a mesma que ao principio”.

As edís non adscritas lembrárolle que xa o 2 de outubro de 2020, “6 dos seus concelleiros pedíronlle a súa dimisión”, lamentando que sexa “incapaz de chegar a acordos con ninguén”.

Novas relacionadas

Comentarios