Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Prazas libres para o Ciclo de Atención a Persoas en Situación de dependencia no IES de Ponteceso

Centro de dia de cabana
O IES realiza moitas actividades no Centro de Día de Cabana
Prazas libres para o Ciclo de Atención a Persoas en Situación de dependencia no IES de Ponteceso

Nestes días de xullo están a realizarse as matrículas aos ciclos formativos nos centros da contorna e no IES Eduardo Pondal de Ponteceso, aínda quedan prazas libres para poder cursar o ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia. Un dos ciclos con máis saída profesional dos que se poden estudiar na Costa da Morte e que ofrece posibilidades interesantes de validación de acceso para poder seguir estudiando outros ciclos da familia profesional como Educación Infantil, Integración social, etc. ou mesmo ao ciclo medio de Coidados auxiliares de enfermería.

No pasado curso, realizáronse múltiples actividades en colaboración con entidades da comarca como Íntegro, a cooperativas das Casas do Maior ou o Centro de Día de Cabana, e neste vindeiro curso contamos con seguir colaborando e realizando convenios para a realización das prácticas laborales do noso alumnado de 2º curso, que xa rematará a súa formación en xuño de 2024.

Outra das actividades que tivo un éxito salientable foi o programa Erasmus+, no que dous dos alumnos puideron disfrutar dunha gran experiencia en Portugal descubrindo cómo é a contorna laboral dos coidados a persoas dependentes no país veciño.

A atención a persoas en situación de dependencia vai máis alá dos coidados asistenciais, e pon en valor o acompañamento, o lecer, a posta en valor dos saberes das persoas maiores e a estimulación cognitiva, son fundamentais no bo trato aos nosos maiores. Todo isto transmitímolo no ciclo medio e queremos realizar tamén unha labor de concienciación comunitaria na nosa contorna máis próxima en especial, na mocidade.

O prazo de matrícula remata o luns 24 de xullo ás 13 horas.

Comentarios