A veciñanza de Corme acondiciona o espazo natural do Perillán
12 de abril de 2024 (07:38 h.)
Despois de moito traballo no taller, a veciñanza de Corme leva traballando no lugar do Perillán un par de días, e ten case perfilada a restauración dun espazo singular moi aprezado.
Coa colaboración municipal, os memnbros da Asociación de Veciños Eduardo Pondal levan varios días pulindo o novo banco con rodas de carro, deixando a zona perfecta para disfrutar dun fermoso paseo.
A zona, recuperada en 2015 (aínda na placa que rememora a data ten o cantar do carro de Manuel María), é moi prezada pola veciñanza, e demostra que cando a sociedade quere, pode con todo.
NOVAS RELACIONADAS
- Abril 2022: A veciñanza de Corme restaura, cos seus propios medios, os muíños da parroquia.
- 2021: A veciñanza de Corme restaura o muíño de Perillán.