Luns. 29.04.2024
El tiempo

A veciñanza de Corme acondiciona o espazo natural do Perillán

Restaura zona Perillan Corme
A veciñanza de Corme acondiciona o espazo natural do Perillán

Despois de moito traballo no taller, a veciñanza de Corme leva traballando no lugar do Perillán un par de días, e ten case perfilada a restauración dun espazo singular moi aprezado.

Coa colaboración municipal, os memnbros da Asociación de Veciños Eduardo Pondal levan varios días pulindo o novo banco con rodas de carro, deixando a zona perfecta para disfrutar dun fermoso paseo.

A zona, recuperada en 2015 (aínda na placa que rememora a data ten o cantar do carro de Manuel María), é moi prezada pola veciñanza, e demostra que cando a sociedade quere, pode con todo.

Restaura zona Perillan Corme AVV 2

Restaura zona Perillan Corme AVV

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios