Mércores. 06.11.2024
El tiempo

A veciñanza de Corme continúa a rehabilitación da zona do Perillán

  • A AVV Eduardo Pondal xa ten data para a Feira Mariñeira e Artesá
Rehabilitando a zona de Perillan en Corme
O famoso carro de vacas do Perillán
A veciñanza de Corme continúa a rehabilitación da zona do Perillán

Non para a veciñanza de Corme en mellorar a súa contorna. Xa en 2021 comezaban un proxecto de restauración do muíño de Perillán, na fronteira entre Corme Aldea e Corme Porto, rescatando unha fermosa zona de disfrute comunitario para ir pasear.

Rehabilitando a zona de Perillan en Corme 2

En 2022 rehabilitaban tamen outros muíños da parroquia, e neste 2024 xa están traballando en adecentar a zona. Un xeito de aproveitar a xubilación para o ben común.

A xente da Asociación de Veciños Eduardo Pondal leva, coa colaboración de moita xente anónima implicada e os diferentes gobernos municipais, 9 anos rehabilitando a zona, e desta volta concentra o esforzo en elementos de madeira como o famoso carro de vacas, as papeleiras… e esperan deixar a zona moito máis aquelada.

Feira Mariñeira

Ademais, a entidade xa ten formulada a data para a Feira Mariñeira e Artesá. Será a fin de semana do 2, 3 e 4 de agosto. O venres arrinca coa proxección dun documental de vídeos familiares na Ribeira, e para sábado e domingo será a feira, que contará cunha marea de postos de artesanía da zona, e con música tradicional.

Non faltará este ano a cacharela de San Xoán na praia de Arnela. E por suposto, a entidade 

O barco ao Faro

O galegón de Mourelle vano levar á zona do Faro Roncudo, para poder facer fotos cos gorros e capa de pirata que están facendo as costeiras da vila, a cambio dun donativo para mantemento.

galeon corme

Novas relacionadas

Comentarios