Os veciños de Corme piden que se depuren responsabilidades cando se cumple un ano do brote de gastroenterite

Imaxe da concentración hai un ano celebrada en Corme ante a crise da auga-Foto-Edu Cambón

Este mércores 23 de setembro cúmplese un ano do brote de gastroenteritis xurdido en Corme. “Doloroso aniversario”, recorda unha Asociación de Veciños Eduardo Pondal, que lembra que a cantidade de veciños que tiveron que ser atendidos nos centros e saúde e centros hospitalarios da comarca ao sufriren diferentes danos.

Dende a entidade veciñal sinalan que, a pesar da alarmaxerada en toda a comarca, un ano despois “continuamos á espera do esclarecimiento dos feitos e de que se depuren responsabilidades”. Iso pese a que as denuncian seguen o seu procedemento no Xulgado de Intrucción no 3 de Carballo.

Apuntan que “non imos deixar que caia no esquecemento”, e impulsarán “con todo o noso esforzo que se chegue á verdade do acontecido”. Por iso veñen de solicitar a personación da Asociación na causa xudicial, pero que curiosamente foi rexeitada en primeira instancia.

Un rexeitamento que non comparte a entidade. “Desde esta Asociación Veciñal entendemos que a defensa dos intereses lexítimos do pobo, unido á defensa do medio ambiente como ben xurídico de cuxo goce somos titulares todos os cidadáns, xustifican sobradamente a participación de nosa asociación vecinal no procedemento xudicial aberto”, e aseguran que seguirán pelexando polo esclarecemento dos feitos.

Corte de auga

E falando de auga, o Concello de Ponteceso vén de informar que este xoves 24 de setembro producirase un corte de auga que durará desde as 22.00 horas ata as 06.00 horas do venres 25. O corte afectará a Anllóns, A Garga, Vereda, os Xeixos de Tella, Cerezo, Carballido, Brixeria, tres casas do Couto e outras dúas ou tres da Rúa Concello.

NOVAS DA CRISE DA AUGA EN CORME