sábado. 15.02.2025
El tiempo

Xosé Antonio Andrade leva "Os cómaros da vida" a Ponteceso e Malpica

TARXETA Os cómaros da vida. Diarios 2020 2022. PONTECESO_page-0001
Xosé Antonio Andrade leva "Os cómaros da vida" a Ponteceso e Malpica

Este, xoves, 30 de xaneiro, ás 20:00 h., terá lugar na Librería A Tenda dos Libros de Ponteceso, a presentación do libro, publicado por Edicións Espiral Maior, “Os cómaros da vida. Diarios 2020-2022”, a última entrega literaria do escritor e avogado coristanqués Xosé Antonio Andrade.

No acto, organizado conxuntamente pola asociación cultural Ponteceso Cultura Permanente e a casa editora, participarán, ademais do autor, Luís Giadás, historiador e profesor no IES Eduardo Pondal de Ponteceso, e o escritor e director de Edicións Espiral Maior Miguel Anxo Fernán Vello.


A “xira literaria” de presentacións da obra de Xosé Antonio Andrade terá unha nova parada o 7 de febreiro próximo en Malpica, sendo acollido o acto, no que participará o mestre malpicán Paco Abella, no Café O Cornecho de Tano.
 

Comentarios