Venres. 29.03.2024
El tiempo

45 prazas dispoñibles para os novos cursos de formación para desempregados de Santa Comba

Obradoro sociosanitario carballo_coida
Imaxe dun curso de atención sociosanitaria / Arquivo
45 prazas dispoñibles para os novos cursos de formación para desempregados de Santa Comba
A finais deste mes novembro arrincarán os novos cursos que o Concello de Santa Comba desenvolve no marco do Plan AFD (Accións Formativas para Desempregados). 45 persoas desempregadas poderán formarse nas especialidades de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais de Nivel 2 (dúas edicións) e o de Asistencia documental en despachos e oficinas, de Nivel 3.

O Centro de formación municipal Terra de Xallas impartirá as tres accións formativas a partir do finais deste mes de novembro ata o mes de xullo de 2023, aproximadamente, en horario de mañá.

Para calqueira información as persoas interesadas poden dirixirse ás oficinas de Formación ou a de Orientación sitas no primeiro piso do Edificio Multiusos do Concello de Santa Comba. Os teléfonos de contacto son 663728782 (técnica de formación) e 663728920 (orientadora Laboral).

Comentarios