Os Bombeiros de Carballo tiveron que ir a sufocar un incendio a Santa Comba

Bombeiros de Carballo en San Pedro de Xallas

Baile de bombeiros estes días entre os parques de Bombeiros de Carballo e Santa Comba. Se ben esta mañá un par de bombeiros de Carballo están camiño de Santa Comba pois o que pecha é o parque carballés, onte pola noite era do revés, dous bombeiros xalleiros estaban no parque carballés porque o seiu estaba pechado.

E deuse a circunstancia que tiveron que facer quilómetros de volta pois rexistrábase un incendio nunha vivenda en San Pedro de Xallas, Santa Comba.

Despois da hora de camiño, unha vez no punto comprobaron que non hai persoas feridas e o incendio está afectando á planta baixa da vivenda, destinada a garaxe de vehículos e almacén. O lume estaba totalmente desenvolvido no local,
afectando a 2 vehículos que había no interior e a diversos enseres e equipos de xardinería. O resto da vivenda (escaleiras interiores e 1º andar) viuse afectado polo fume do incendio.
Unha vez extinguido, realizaouse a ventilación de toda a vivenda, que quedou inhabitable.

Ademais dun 1 cabo e 2 bombeiros, tamén participaron Protección Civil de Santa Comba e Garda Civil.

Máis novas