Os Bombeiros de Cee, Carballo e Santa Comba maniféstanse na Coruña
13:47 27/10/23
Os Bombeiros dos parques comarcais de Cee, Carballo e Santa Comba non faltaron á manifestación que máis de 300 compañeiros desenvolveron esta mañá na cidade da Coruña, ante unha enorme despregadura policial.
Singular é o caso do Parque de Cee, que hoxe ficou pechado ao non poder contar co mínimo de 3 profesionais, circunstancia que se dá constatemente pero non porque os traballadores pedisen o día ou estivesen de baixa, simplemente porque non fan horas extras, a única medida de presión que levan realizando no ano que levan de folga.