Venres. 03.05.2024
El tiempo

O Parque de Bombeiros de Cee, 50 horas pechado

Parque de Bombeiros de Cee pechado 1
Parque de Bombeiros de Cee pechado
O Parque de Bombeiros de Cee, 50 horas pechado

Leva 48 horas pechado o Parque de Bombeiros de Cee, (mentres esperan que chegue un reforzo do Parque de Santa Comba) noutro exemplo da neglixente xestión do Consorcio provincial, segundo denuncian os profesionais. Son xa 28 as xornadas que leva pechadas o Parque ceense dende que comezou a folga en xuño (cómpre lembrar que o único exercicio de folga que fan é non aceptar horas extras), pero a desta fin de semana é particular.

O sábado aconteceu un caso singular. Había 2 bombeiros no Parque de Cee, mentres que no de Arteixo só tiña unha persoa traballando, pero dando prioridade ao de Arteixo e volvendo menosprezar á veciñanza da Costa da Morte en prol do coidado da zona industrial, enviaron aos dous efectivos de Cee para poder abrir Arteixo. Pero dábase a circunstancia de que o sábado a partir das 21:00h, o Parque de Cee cumpliría os servizos mínimos para abrir o parque (2 bombeiros e 1 Cabo), pero o Consorcio incumpriu o seu protocolo, porque enviou ao que entraba ás 21:00h directamente ao de Parque de Santa Comba, que levaba todo o día pechado con dúas persoas dentro, e que puido reabrir pasadas as 22:00h despois de que o traballador de Cee chegase ao seu posto de traballo, vira a orde, vestírase, collera o camión e chegase a Santa Comba.

Afortunadamente non pasou nada grave na comarca máis alá do incendio no porto de Camariñas, ao que se desprazaron os Bombeiros de Xallas e de Carballo, para perder dúas horas de servizo, porque a medio camiño deron volta porque o incendio xa fora sufocado por Protección Civil.

Demandas

Aproveitan os bombeiros para mandar recado ao Consorcio coas súas demandas:

Campaña

Paralelamente os Bombeiros están lanzando unha campaña en redes con vídeos de apoio de persoas famosas:

Máis novas sobre os Bombeiros

Comentarios