Tres carballeses detidos polo roubo nunha vivenda deshabitada de Santa Comba

10:11 18/03/23
Unha patrulla da Garda Civil do Posto de Negreira, rmentres ealizaba unhas labores de prevención da estrada AC400, observaron un vehículo nas inmediacións dunha vivenda deshabitada en Esmorede-Santa Comba. Ao achegarse comprobaron que había tres homes que estaban roubando diversos materiais metálicos do interior da vivenda.
Por estes feitos, a Garda Civil procedeu á súa identificación e posteriormente investigalo, aprehendo o material que subtraeran tras forzar a porta, así como diversos útiles empregados para cometer o crime.
Os veciños investigados da localidade de Carballo tiñan antecedentes policiais de diversa índole.