Luns. 29.04.2024
El tiempo

A comunidad escolar do CEIP Barrié de la Maza concéntrase este venres para esixir a reforma integral

Concentracion ANPA XALLAS
A comunidad escolar do CEIP Barrié de la Maza concéntrase este venres para esixir a reforma integral

Xa tiveron que adiar a concentración o pasado 9 de febreiro por mor do tempora. Pero este venres 23 baterán contra vento e marea, pero están decididas a levar a cabo a súa concentración. A partir das 16:30, diante do CEIP Barrié de la Maza, as familias non fallarán á convocatoria da ANPA Xallas para realizar unha manifestación esixindo a reforma integral do centro.

Porque xa van 50 anos dende a construción do colexio, e aínda a día de hoxe nunca se volveu facer ningunha obra maior de reforma. “Agora mesmo atópase nun estado deplorable, tanto é así que as familias do alumnado consideramos que o edificio non é seguro para as nosas crianzas”, denuncian Soraya e Luciana, representantes da ANPA.

Explican que os falsos teitos están caendo, e mesmo se lle caeu enriba a unha profesora; que hai filtracións e caldeiros cheos de auga polas aulas, que hau xa un ano que un teit

Contexto

A ANPA lembra que tanto dende a dirección do colexio como dende a Anpa se teñen mandado múltiples escritos á Consellería solicitando a devandita reforma. Todas solicitudes foron entregues por rexistro ademais de documentadas publicamente no PXA (Programación Xeral de Actuación) dos cursos 2020/2021, 2021/2022, 2022/2023 e 2023/2024.
En febreiro 2023, cando caeu parte do teito de unha clase debido ás filtracións, a Anpa solicitou unha reunión na Xunta para pedir unha resposta as demandas do centro. "Fomos recibidos en abril 2023 polo Xefe Territorial de Educación. Saímos desta reunión con un compromiso de que enviarían un técnico para facer un estudo e que daríanos unha resposta. Non o fixeron", lamenta a Luciana Triáns, a epresentante da Anpa Xallas no Consello Escolar.

CEIP SANTA COMBA Foto Feb 2023_caida teito encima da profesora
O teito está que se cae, literalmente, obrigando mesmo a pechar algunha aula

Tamén se presentaron enmendas aos orzamentos da Xunta, que non foron aprobadas por un goberno da Xunta que en setembro de 2023 aprobou o presuposto do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, cun 27% ata os 243 millóns de euros para “impulsar a modernización dos centros”, pero nada foi destinado ao Barrié.

Así, o asunto volveu ao Consello Escolar, pero a pesar das constantes peticións de reunións coa Consellería de Educación, aínda non hai resposta máis que o envío dunha empresa para facer unha pequena actuación na parte máis danada do tellado. O Concello está utilizando un remamente para facer unhas pequenas actuacións, pero "son claramente insuficientes".

"A situación chegou a un limite insostible: o colexio enviou á Consellería un informe de que hai aulas en situación precaria con filtracións, con unha balsa de auga sobre a cabeza do alumnado", sinalan dende a ANPA. De feito, o centro decidiu cambiar a unha clase enteira de nenos/as de aula debido ás continuas filtracións de auga e goteiras que presenta.

“Pedimos a reforma integral do centro porque non hai como elixir unha prioridade: vivimos unha situación crítica. As clases están inundadas porque a cuberta e as ventás filtran auga, no comedor hai pingueiras encima dos equipos eléctricos, os queimadores de gas da cociña están condenados... Eso por non falar das tuberías da calefacción que discorrem polas paredes do centro expostas. Estamos falando de un sistema obsoleto, que hai algúns anos estourou nunha aula, que por sorte estaba baleira naquel momento. Pero ata
cando estaremos suxeitos a riscos? Ata ocorrer un accidente importante?”

Comentarios