Un dumbriés detido por roubo de cable de liña telefónica nunha estrada de Santa Comba
09:46 04/02/26
A Garda Civil do Posto de Negreira detivo a un varón, veciño de Dumbría, como presunto autor dun delito de furto.
A unidade estaba realizar un servizo preventivo de seguridade cidadá en horario nocturno, cando sorprendeu a unha persoa manipulando a liña telefónica que discorre próximo á estrada AC- 400 na localidade de Esmorode, no termo municipal de Santa Comba.
Inmediatamente os gardas civís actuantes abordaron a esta persoa, ao para coñecer os motivos polos que estaba manipulando o tendido, comprobando que subtraera 120 metros de cable de cobre.
A Garda Civil procedeu á detención deste home, coñecido polas forzas de seguridade por ilícitos da mesma índole, como suposto autor dun delito de furto e á incautación do cable subtraído.