Piden medidas de seguridade pola alta sinistralidade da estrada que une Santa Comba e Zas
05 de maio de 2023 (10:37 h.)
A semana pasada tivo lugar o enésimo accidente nas Travesas. Pero é que hai dúas producíase outra saída de vía na mesma AC-404, a estrada que une Santa Comba e Zas, ao seu paso por Santa Sabiña.
Na zona é sabida a alta sinistralidade da zona, de aí que o recén renovado BNG de Santa Comba veña de presentar un escrito no Concello xalleiro para que o pleno esixa á Deputación que tome medidas de seguridade nese treito.
Novas relacionadas
- 28-04-23: Un novo accidente nas Travesas deixa unha nova persoa ferida.
- 16-04-2023: Un coche derruba parte dunha fachada en Santa Sabiña.