Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG de Santa Comba xa ten candidato para recuperar a súa presenza no pleno

BNG Santa Comba_Juan_Sixto
Juan Sixto é o candidato do BNG de Santa Comba
O BNG de Santa Comba xa ten candidato para recuperar a súa presenza no pleno

Juan Sixto será o candidato que intenterá recuperar a presencia do BNG no pleno de Santa Comba. Dende 2007 non ten presencia o grupo nacionalista no diverso pleno xalleiro, e o candidato, de 43 anos, buscará recuperar o posto fomentando un concello "transparente, vivo e dinámico”.

Este veciño de San Xoán de Grixoa é coñecido por participar activamente no movemento veciñal de Santa Comba. Traballa en Santiago, e lamenta a falta de oportunidades laborais que hai no Concello, sendo precisamente ese reto un dos eixos do seu programa político: “conseguir avanzar con decisión no desenvolvemento económico do concello, aproveitando os seus moitos recursos e converténdose en referente, por exemplo, no sector agrogandeiro e políticas sociais”.

”Ideas, ilusión e enerxía son tres dos piares básicos” deste xalleiro que pretende, no seu programa "poñer en marcha diferentes iniciativas innovadoras que permitan que o Concello avance e se coloque onde debe estar: como referente en aproveitamento agrogandeiro, como referente en políticas sociais e recoñecido en ámbitos distintos: cultural, gastronómico…”.

”É necesario saír do abandono e converternos nun concello vivo e dinámico en que as veciñas e veciños se sintan parte activa e imprescindíbel no desenvolvemento deste proxecto que parte, como non podía ser doutro xeito, de crer en nós mesmos e de saber que Santa Comba merece máis”, poñendo como xemplo a xestión levada por compañeiros de partido en Carballo, Mazaricos ou Zas.

O candidato do BNG á alcaldía leva xa tempo percorrendo o territorio do concello, escoitando á veciñanza e recollendo directamente as necesidades e demandas, como fixo sumándose á demanda da comunidade educativa do CRA.

Máis novas das eleccións

Comentarios