Venres. 03.05.2024
El tiempo

Un coche derruba parte dunha fachada en Santa Sabiña

IMG-20230416-WA0010
Un coche derruba parte dunha fachada en Santa Sabiña

Dous accidentes rexistrados esta pasada noite nas estradas da comarca.

SANTA COMBA

IMG-20230416-WA0008

Eran as 22:30h cando un vehículo perdía o control e se estampaba contra unha vivenda, derribando parte da fachada, a altura do quilómetro 6 da AC-404, no lugar das Travesas, en Santa Sabiña, Santa Comba.

A muller, que estaba sentada nunha das estancias que dan ao exterior, foi trasladada ao centro de saúde nun vehículo particular tras resultar ferida na cabeza. Pola súa banda, os ocupantes do vehículo resultaron ilesos.

Ademais de Protección Civil de Santa Comba, neste operativo participaron tamén a Garda Civil de Tráfico e os operarios de mantemento das estradas.

Vehículo envorcado en Vimianzo

Arredor das 0:30h da madrugada, un vehículo sufría unha saída de vía no quilómetro 74 da AC-552, na parroquia de Berdoias, quedando envorcado na gabia. O único implicado foi quen de abandonar o vehículo polo seu propio pé e foi trasladado en ambulancia ao Hospital de Cee.

A continuación, os xestores do 112 Galicia procederon a informar a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil de Tráfico, aos voluntarios de Protección Civil de Vimianzo e aos servizos de mantemento das estradas.

Comentarios