Venres. 03.05.2024
El tiempo

Un novo accidente nas Travesas deixa unha nova persoa ferida

Accidente nas Travesas
Un novo accidente nas Travesas deixa unha nova persoa ferida

Esta mañá, arredor das 8:15h, rexistrábase un novo accidente grave nas Travesas, Santa Sabiña, Santa Comba, na estrada que une Santa Comba e Zas, moi preto do accidente da semana onde un coche se estampaba contra unha casa. Un vehículo pequeno perdía o control no km. da AC-404, e chocaba contra un vehículo que estaba aparcado.

Unha persoa tivo que ser atendida polos técnic@s sanitari@s do 061. Tamén acodiron a Gardia Civil, Protección Civil e Policía Local. Houbo restricións de tráfico na estrada mentres non se recollen os vehículos.

Accidente nas Travesas na AC404

Comentarios