Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O programa Erasmus achega 30 estudantes de 6 país a Santa Comba

grupo erasmus con santa comba
O programa Erasmus achega 30 estudantes de 6 país a Santa Comba

Santa Comba é un dos municipios galegos máis destacados na organización de intercambios xuvenís con outros países, o que permite ampliar os coñecementos dos seus mozos. Unha das últimas actividades realizadas foi de acollida. Un grupo dunha trintena de estudantes de Italia, Portugal, Francia, Bulgaria, Suecia a a Martinica
francesa achegáronse á capital do Xallas para coñecer como é a verdadeira Galicia.

Despois de visitar o museo da Casa do Pozo, onde comprobaron o xeito de vida da capital xalleira con respecto á súa riqueza tanto agrogandeira como mineira, foron recibidos pola alcaldesa, María Pose, quen sempre pon en valor este tipo de experiencias polo que supoñen para a mocidade de Santa Comba, que ó ver ‘in situ’ outras
culturas e outras formas de vida non fan máis que enriquecer a súa mente e os seus coñecementos.

O Erasmus+ é un programa de mobilidade xuvenil europea que permite ós estudantes das institucións de educación superior (universidades e escolas de Formación Profesional) e ós mozos en xeral continuar a súa formación nalgún dos 34 países adheridos a este plan.

Comentarios