Xoves. 19.09.2019
El tiempo

Santa Comba creará un Museo da Minaría

O edificio principal da Mina de Varilongo acollerá un Museo
O edificio principal da Mina de Varilongo acollerá un Museo
Santa Comba creará un Museo da Minaría
Santa Comba creará un Museo da Minaría

Nestes días onde a polémica se sitúa no Monte Neme, paraxe fetiche para milleiros de instagramers, a Cámara Mineira quixo refrendar co novo alcalde de Santa Comba, a aposta do Concello xalleiro pola posta en valor da zona da mina de Varilongo como recurso turístico. Santa Comba xa arma diferentes actividades arredor da mina, que xa serviu de escenario de película e de novela, como a BTT. Pero ademais, o alcalde David Barbeira, confirmou aos presentantes da Cámara Oficial Mineira que o proxecto segue adiante.

Concello e Cámara asinaron un convenio para colaborar, tutelar, aportar información e axudar en xestións ao Concello de Santa Comba no desenvolvemento deste proxecto. O camiño debe de ser o de colocar o entorno do Monte Varilongo e as zonas cercanas das parroquias de Santa Sabiña, San Salvador e Grixoa de Esternande como un enclave de valor turístico que ofrecer aos vistitantes, completando a posible oferta cos entornos do río Xallas, o sendeirismo e os deportes na natureza, o patrimonio relixioso e arquitectónico e a rica gastronomía.

Museo da Minaría

Os primeiros pasos que dará o Concello de Santa Comba, coa colaboración dun equipo de voluntarios, serán a recopilación de todo o material fotográfico e inmaterial (historias) que poida, coa temática da minería e da historia do volframio como eixo conductor, para despois poder instalar, conservar e dinamizar un futuro Museo da Minería e Centro de Interpretación no antigo Edificio Principal da Mina de Varilongo.

Novas relacionadas

Comentarios